Visitas

sábado, 6 de junio de 2015

Lograse crear unha extremidade de rata a partires da inxeniería xenética

Este logro consiguiuse a partires dunha extremidade dunha rata morta, a esta extrauselle o material xenético e o nervio principal, necesario para construir a base do brazo. A partires das células nai extraidas os cientificos da Universidade de Masachusets cultivaron células vasculares e musculares que máis tarde implantaron na base do brazo. Unha vez feito todo esto a extremidade eguiu medrando, era capaz de contraer a musculatura e tiña un sistema vascular que funcionaba á perfección.
Este experimento ten moita máis importancia da que parece, xa que este é o primeiro paso cara a creación de órganos artificiales que funcionen con normalidade. Esto vai ser moi útil, xa que a taxa de doacións é moito máis baixa que o número de persoas que necesitan un órgano e cada día en Europa morren 12 persoas en lista de espera por un transplante, polo que esto pode salvarlle a vida a moitas persoas. 

jueves, 4 de junio de 2015

Polemica recuperación de Rafael Nadal

O que está considerado o mellor deportista da historia de España, Rafael Nadal, sufriu uns anos atras unha tempada de lesións continuas. Comezou tendo molestias na rodilla, que lle impedian xogar ao seu máximo nivel. Para solucionar estas molestias físicas Nadal someteuse a un tratamento de células nai. Este tratamento resultou moi eficaz polo que un ao máis tarde someteuse a mesma terapia na espalda. Moitos criticaron este tratamento, algo que mosqueou profundamente a Rafa xa que el é un un fiel creente da eficacia das células nai. Cada vez é máis frecuente a utilización das células nai na recuperación física dos deportistas de alto nivel, pero polo momento non se probou o seu efecto ao cen por cento.