A pesar do cambio climatico as temperauras terrestres non aumentan tanto como era previsto debido ao hiatus climático. Este proceso basease na absorción de calor por parte dos mares e océanos. Esto produce que a temperatura media a que se encontra a superficie terrestre este estable, ainda que a parte superior da atmosfera se este quentando cada vez máis.
Este fenómeno climático sería a orixe da relación entre a
diminución da temperatura no océano Pacífico e o correspondente aumento que
experimentou o Índico, segundo un estudo publicado na revista Nature
Geoscience.
Os investigadores da Universidade de Miami (EUA) realizaron
un mapa global do xeo en alta mar e, xunto cos datos da temperatura dos
océanos, observaron que o aumento da absorción de calor do Pacífico se vía
compensado cun incremento no transporte desta calor cara ao Índico, a
través dos pasos das correntes mariñas próximas ao arquipélago indonesio.
Segundo o traballo, o incremento da temperatura no Índico supón
o 70% do depósito de calor da auga de todos os océanos -dende os 700 metros de
profundidade ata a superficie-.
O líder da investigación, Sang-Ki Lee, da universidade
estadounidense, e os seus colegas, suxiren que se este transporte persiste a
acumulación de calor do Índico se proxectaría ao océano Pacífico, que
xa se quentou considerablemente dende mediados do século XX.
Por suposto, o calor que os oceanos poden reter é limitada, polo que as temperaturas comezarán a aumentar tamén na superficie a causa do efecto invernadoiro e os buracos na capa de ozono, causados en gran parte pola acción do home. Sen embargo sabemos que a temperatura da Terra está en continuo cambio. Temos constancia de 4 grandes glaciacións que sufreu a terra onde gran parte da superficie terrestre se convirteu en xeo e que posteriormente se derriteu a causa dun quentamento global.
A ilustración representa os fenómenos relacionados co
transvasamento de calor entre océanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario